Participarán os establecementos multimarca Miss-tic e Antollos, e o Centro Óptico Losada

AXENDA | Ágora organiza un desfile de complementos de tempada este sábado

Detalle do cartel do evento.

Na súa aposta por converter a tenda-café Ágora nun espazo de referencia para a muller na Limia, e sen descoidar a vertente comercial, Sonia Trigo, a impulsora de Ágora organiza esta fin de semana un desfile de complementos de cara a tempada de verán.

O evento celebrarase o sábado a partir das 12:30 horas. O aforo está case completo. As tendas que xa confirmaron a súa participación no desfile son, ademais da propia Ágora: os establecementos multimarca Miss-tic e Antollos e o Centro Óptico Losada.

Ágora, inaugurada o pasado outono na avenida de Madrid, converteuse o 8M nun espazo para o debate e a conversa. Alí organizouse un taller para falar de amor, de sexo, de discriminación, de dereitos... Para comezos de xuño, Sonia trigo ten previsto desenvolver nese mesmo espazo novos debates sobre temática feminista.

Conversa na tenda, o pasado 8 de marzo.