jueves. 21.11.2024

Na comarca da Limia hai este venres 194 casos activos de coronavirus segundo as cifras facilitadas polo SERGAS aos concellos. Son 6 menos que onte. A cifra volve estar por baixo dos 200 rexistros. O descenso é xeral en todos os municipios, agás Trasmiras, onde entre onte e hoxe aumentaron os casos até os 32, novo máximo neste concello durante a sexta onda da pandemia.


En Xinzo, onde hai un mes aínda se celebraba o Entroido, os datos deste 1 de abril confirman o descenso que se vén experimentando desde a semana pasada. Parece superada a alarma da terceira e cuarta semana de marzo cando a curva volveu a se disparar cara arriba.


Xinzo de Limia está de volta aos rexistros da primeira semana de marzo. E o resto de concellos, agás Trasmiras, camiñan pouco a pouco cara mínimos. Baltar, Os Blancos, Vilar de Barrio e Vilar de Santos están por baixo dos dez casos activos. 


Así están os rexistros:
BALTAR  (variación -2) 2 (activos)
OS BLANCOS  (=) 8
CALVOS DE RANDÍN (=) 10
PORQUEIRA  (=) 10
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 11
SANDIÁS (=) 16
SARREAUS (=) 14
TRASMIRAS  (+5) 32
VILAR DE BARRIO (+1) 4
VILAR DE SANTOS (-1) 6
XINZO DE LIMIA  (-5) 81


En canto á incidencia acumulada, o SERGAS informa con datos de onte que os novos casos detectados en Xinzo nos sete días anteriores foron 28, mentres que chegaron aos 118 nos catorce últimos días. É dicir, nas dúas últimas semanas, a maioría dos novos casos detectáronse na primeira semana. 


No caso de Trasmiras, nos últimos sete días detectáranse 17 novos contaxios, e nos últimos catorce foran 29. No resto dos concellos a incidencia acumulada esta por baixo do rango de nove casos no período de sete días.

CORONAVIRUS A LIMIA | Os contaxios baixan en toda a comarca, agás Trasmiras