sábado. 23.11.2024

Hoxe presentáronse oficialmente a V Feira do Agro da Limia, coñecida como ALIMAGRO, e a V Feira do Comercio PROLIMIA, que se celebrarán os días 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro. No acto estiveron presentes autoridades relevantes como Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia; Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta de Galicia; Rosendo Fernández, representante da Deputación Provincial; Concepción Conde, presidenta de PROLIMIA; e Máximo Gómez, director da revista Campo.

alimagro prolimia-6
Máximo Gómez, Amador Díaz, Manuel Pardo, Rosendo Fernández e Concepción Conde. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

Para facilitar a celebración conxunta de ambas feiras, a organización decidiu ampliar o espazo de exposición da tradicional Feira da Pataca, situando os stands nunha gran carpa exterior, mentres que a Feira do Comercio se desenvolverá no interior do pavillón. Ademais, no Parque do Toural, instalarase unha exposición de maquinaria agrícola.

Este ano, agárdase unha afluencia récord ao combinar ambas celebracións, potenciando así unha fin de semana destacada tanto para o sector agroalimentario como para o comercial. Esta colaboración conxunta amosa o forte compromiso co sector primario e co comercio local, impulsando unha economía circular e resaltando as vantaxes do comercio de proximidade.

alimagro prolimia-1
Concepción Conde. | FOTO: Noelia Caseiro.

 

ALIMAGRO ocupará un espazo duns 20.000 metros cadrados, consolidándose como un escaparate de referencia a nivel estatal. A feira de maquinaria agrícola sitúase entre as dez mellores de España, contando con máis de 100 marcas comerciais. O obxectivo principal desta feira continúa a ser a promoción do produto estrela da Limia: a pataca. Durante os tres días de feira, organizaranse mesas redondas, degustacións e a tradicional tortilla xigante o sábado. Tamén están previstas xornadas técnicas sobre sementes, sanidade e mercados.

alimagro prolimia-4
Amador Díaz. FOTO: Noelia Caseiro.

 

Pola súa parte, a Feira do Comercio PROLIMIA ofrecerá unha programación variada con actividades para todas as idades, como obradoiros, concertos e degustacións. Máis de 30 comercios locais participarán en máis de 50 stands, promovendo o comercio de proximidade. O evento culminará coha paella xigante o domingo pola mañá.

Con esta colaboración interdisciplinar, o Concello de Xinzo de Limia reafirma o seu compromiso co desenvolvemento económico e social da comarca, promovendo iniciativas que fortalecen tanto o sector primario como o terciario, e impulsando o comercio local como motor da economía circular.

Alimagro e Prolimia, da man na procura dun record de visitas