16 de mayo de 2022, 11:17
Sen maiores consecuencias que os danos materiais, importantes nun dos automóbiles implicados, saldouse un sinistro de tráfico que ocorreu esta mañá, pasadas ás 10:20 horas.
Será a investigación que xa está a levar a Policía Local de Xinzo, que rapidamente acudiu até o lugar, a que determine as causas do accidente entre o vehículo que se incorporaba dende a Pista Os Castros e o que circulaba pola avenida de Madrid.
O accidente provocou lixeiras retencións na circulación de entrada á vila de Xinzo durante pouco máis dunha hora. É o segundo sinistro de tráfico que ten lugar na avenida de Ourense nas últimas 72 horas.