viernes. 22.11.2024

Un cambio radical de 3 quilómetros nas arterias do centro da vila, a transformación dunha estrada nacional nunha rúa, onde os peóns e o tráfico calmado, árbores e xardíns, maior seguridade para o alumnado dos centros escolares, novas beirarrúas e dúas zonas de prioridade peonil no parque do Pombal e na praza Maior, tamén un carril bici, mudarán para sempre o aspecto de Xinzo.

Suporá meses de obras, que poderían comezar a finais de ano ou principios do 2023, un investimento de case 4 millóns de euros, a maior actuación do Estado nunha vila galega, "unha obra que ben vale un mandato", resumiu Elvira Lama esta mañá, diante do Delegado do Goberno e os responsábeis ministeriais, co seu equipo de goberno presente. 

Un anuncio o de hoxe que dá o pistoletazo de saída a un ano electoral que se promete intenso. Elvira Lama toma a dianteira no arranque. En Xinzo, o futuro manda, os plans para o regadío, os plans de transformación da actividade agropecuaria, e agora o plan para cambiar de maneira substantiva o centro, as avenidas de Ourense e Madrid. 

AVANCE | Así será Xinzo nuns meses