7 de noviembre de 2022, 21:59
A Axencia Española de Meteoroloxía vén de facer público un aviso amarelo por choiva en toda a comarca da Limia e en grande parte da provincia de Ourense.
Prevense precipitacións intensas que poderían chegar a ser, con carácter de acumuladas, de 40 litros por metro cadrado. O aviso está fixado para as 12:00 horas deste martes 8 de novembro, ata as 00:00 horas do mércores.