A Garda Civil e a Policía Local buscan con urxencia ao repartidor e propietario da coñecida Panadería Cañon, quen desapareceu esta mañá mentres realizaba o seu traballo habitual. O home comezou o reparto ás 9:00 horas no CEIP Rosalía de Castro, pero dende ese momento non se volveu ter noticias del.
A súa familia, preocupada ao non poder contactar con el, deu a voz de alarma. O teléfono do desaparecido permanece apagado, o que incrementa os temores de que puidera sucederlle algo grave.
As forzas de seguridade intensificaron a procura, despregando equipos para rastrexar a zona e recompilar calquera pista que poida axudar a dar co seu paradoiro. O caso xerou unha gran preocupación na comunidade local, que permanece pendente de novidades sobre a súa situación.
Calquera información relevante pode ser comunicada ás autoridades para colaborar nesta procura.