A comezos de este ano, no mes de xaneiro, o Concello de Xinzo puxo en marcha un plan de mellora para os parques infantís e zonas lúdicas. Dito plan iniciouse cunha primeira fase adicada á instalación de peches nas zonas próximas ao tránsito de vehículos para maximizar a seguridade dos máis cativos.
Nos últimos días procedeuse a realizar a segunda fase que consiste na reparación e mantemento destes espazos lúdicos, comezando por A Devesa e o parque Galicia. En ambos lugares, foron substituídas as escaleiras do tobogán. Ademáis, neste último poderán disfrutar os máis pequenos de novas instalacións tales coma un balancín e un bambán.
Espérase que nos próximos días se poidan seguir realizando estes traballos de reparación e mantemento noutras zonas lúdicas dentro do concello, coa intención de poder disfrutar delas coa chegada do bo tempo.
Temos que manter en bo estado as instalacións que temos, sobre todo agora que comeza o bo tempo e que os veciños buscan sitios de descanso ao aire libre (Rafael Penabad, concelleiro de Infraestruturas)
Nova iluminación nas inmediacións das piscinas
Non só os máis pequenos poderan disfrutar destas melloras, nas pistas deportivas das inmediacións da piscina municipal exterior, poderáse disfrutar dunha mellora lumínica grazas a substitución de oito puntos de luz por tecnoloxía led, o que proporcionará unha óptima visibilidade a aqueles apaixoados do tenis e do baloncesto.