jueves. 21.11.2024

Nacido en Valladolid en 1976. Sen embargo, o trascurso da súa vida persoal e laboral está íntimamente ligado con Xinzo de Limia. A súa paixón, o deporte. A enfermidade que lle diagnosticaron en 2002, e a que aínda hoxe ten que facer fronte, non impidiu estar ao servizo de toda a poboación da localidade. Sumado a eso, a súa unión coa política co Partido Popular (PP) comeza no 2011 ata hoxe. 

O ata agora concelleiro, Luis Miguel Gil, presentou a súa dimisión para coidar da súa saúde, a súa vida persoal e o baloncesto. Deporte e política van da man con Miguel Gil. En 2006 fundou o Clube Asociación Baloncesto Xinzo e en 2015 encabeza a "macroconcellería" de Cultura, Deporte, Educación, Festexos e Mocidade. Durante todo este tempo, Gil declara que foi o home "todorreteno porque con humildade e paixón quería sempre un trato directo con todo o persoal do Concello". 

Tras a marcha de Antonio Pérez e o posterior relevo por Antonio Fernández Veiga "Toni" ao fronte do PP de Xinzo como oposición, Luis Miguel pensa a "súa situación" ata o 11 de xuño, día no que renuncia a acta de concelleiro da Corporación Municipal de Xinzo. 

O ata agora concelleiro quere centrarse no baloncesto, recuperar "algo" da súa saúde e dedicarlle máis tempo a súa vida persoal e a súa familia. Con esto, Gil márchase da política agradecendo "o cariño mostrado en estos dez anos" aos seus compañeiros de partido, representantes dos outros equipos políticos, persoal laboral do Concello e amizades.

O básket e a saúde, responsábeis da renuncia de Gil Penín