26 de julio de 2021, 16:12
Porqueira segue a ser o único concello da comarca que mantén o seu contador a cero casos activos. O resto de municipios non presentou, nas últimas xornadas, variacións. Só Xinzo, que descendeu do venres ao sábado 24 de xullo en tres casos, incorporaba o domingo un novo, para manterse nos 33 positivos en Covid - 19.
Así está o cómputo por concellos:
- Tres casos: Trasmiras e Sandiás
- Dous casos: Os Blancos, Sarreaus, Vilar de Santos e Vilar de Barrio.
- Un caso: Baltar, Calvos de Randín e Rairiz de Veiga.
- Con cero casos: Porqueira.