jueves. 21.11.2024

Boas novas para o concello de Xinzo de Limia na xornada deste martes 31 de agosto. O municipio acaba de rexistrar unha baixada moi considerable nos contaxios por coronavius -seis casos menos que no día de onte- quedando cun total de 20 positivos.

O resto de concellos membros da Comarca da Limia non rexistra ningunha variación nas súas cifras. Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Sarreaus e Vilar de Santos continúan presentando cero contaxiados por Covid - 19.

Así queda o rexistro de casos activos na Limia na data 31/08:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 3
  • Porqueira: 8
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 2
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 2
  • Vilar de Barrio: 8
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 20 (-6)

CORONAVIRUS A LIMIA | Notable descenso dos casos por Covid -19 en Xinzo