7 de junio de 2021, 14:27
Xinzo de Limia volveu a sumar novos casos activos esta fin de semana. O sábado detectábanse dous positivos, rachando así a tendencia que mantiña dende o pasado 28 de maio, día no que a capitalidade quedaba sen diagnosticados por Covid - 19.
A comarca faríao dous días despois, logo de que negativizase un caso activo en Vilar de Barrio.