7 de diciembre de 2021, 13:53
Primeiro día no que se coñecen datos dende o pasado venres, o último no que o Sergas proporcionou información sobre os casos activos na comarca.
Como era de agardar, e na tónica do que está a acontecer no resto da comunidade autónoma, só Vilar de Barrio e Trasmiras experimentan descensos no número de positivos. O resto de concellos con casos antes da ponte incrementan os seus diagnósticos en coronavirus, con Xinzo coma o mais destacado, achegándose aos 33 neste martes 7 de decembro. Os Blancos e Porqueira manteñen o contador a cero, Trasmiras e Vilar de Barrio descenden en pacientes de Covid - 19 de xeito significativo.
Así queda a estadística deste martes na comarca da Limia:
- Baltar: dous
- Os Blancos: cero
- Calvos de Randín: 4 (+1)
- Porqueira: cero
- Rairiz de Veiga: dous
- Sandiás: dous (+1)
- Sarreaus: sete (+1)
- Trasmiras: cinco (-3)
- Vilar de Barrio: catro (-6)
- Vilar de Santos: dous (+1)
- Xinzo de Limia: 33 (+5)