domingo. 24.11.2024

Tal como anunciara o Comité Clínico o pasado martes 31 de setembro, Xinzo de Limia entrará en nivel medio a partires das 00:00 horas deste sábado.

O concello segue a presentar moi bos datos no tocante a contaxios por Covid - 19, experimentando dende o martes unha baixada progresiva dos casos. No día de hoxe o municipio rexistra un total de 16 positivos -un menos ca onte- .

No resto de membros da comarca da Limia as cifras seguen constantes. Presenta só variacións Sandiás, no cal descenden un positivo.

Así queda o rexistro de casos activos na Limia na data 3/09:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 3
  • Porqueira: 8
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 2 (-1)
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 3
  • Vilar de Barrio: 8
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 16 (-1)

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo continúa descendendo en positivos