16 de abril de 2021, 15:43
Os últimos datos facilitados polo Sergas reflicten un considerable incremento de tres casos no Concello de Xinzo, pasando dos sete que tiña onte ata os 10 deste 16 de abril. Neste caso, e tal e como xa acontecera na terceira onda da pandemia, a expansión do virus na capital antelá está sendo moi superior á doutras vilas da provincia, como a de Verín, que este venres contabiliza a metade de positivos.
Tamén Vilar de Barrio volve ao grupo de municipios que conta con algún caso activo. Hoxe amenceu con un.
Sandiás (2), Porqueira (1) e Baltar (1) repiten os resultados contabilizados onte xoves 15 de abril.