5 de noviembre de 2021, 13:09
O Concello de Xinzo de Limia levantouse hoxe con malas novas no tocante ao rexistro das cifras de contaxios por coronavirus. A vila formaba parte, dende o pasado martes día dous deste mes, do grupo de municipios libres da Covid - 19. Unha situación que cambiou completamente nesta xornada ao sumar tres novos positivos.
Xinzo pasar así a igualar ao Concello de Porqueira en contaxios. Este territorio non amosa variacións e continúa a presentar tres casos activos dende o mércores tres de novembro.
Tampouco se rexistran cambios en Vilar de Santos, municipio que segue a contabilizar un só positivo.
O resto de concellos conformantes da comarca da Limia manteñen as súas cifras de contaxios a cero.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 5/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 3
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 3 (+3)