[ACTUALIZADA ÁS 16:45 HORAS co número de test que se farán en Xinzo] A cota de citas para os cribados da próxima semana en Xinzo completouse pouco antes da unha da tarde deste sábado. Xinzo de Limia e a contorna, onde o SERGAS dispuxo tres días para facer os test (luns, mércores e venres) da semana próxima, foi a primeira localidade en completar a cota. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, confirmou a primeira hora da tarde a Diario do Limia esta circunstancia, e tamén comentou que, despois de ter falado coa xerencia da Área Sanitaria, o SERGAS está valorando a posibilidade de ampliar os cribados á semana seguinte. Minutos despois, fontes do SERGAS indicaron que está previsto realizar 150 test cada un dos tres días en Xinzo de Limia, en total, 450 a próxima semana.
Ademais, segundo explicou Elvira Lama, o SERGAS realizará un filtrado de todas aquelas persoas que solicitaron cita para dous ou tres días co fin de dispoñer de ocos e, eventualmente, poder abrir de novo a cota para os días previstos.
Fontes do SERGAS indicaron a DIARIO DO LIMIA que está previsto realizar 150 test cada un dos tres días en Xinzo de Limia, en total, 450 a próxima semana.
O SERGAS habilitou este sábado unha web (https://coronavirus.sergas.gal/cribado/) donde usuarias e o usuarios podíanse rexistrar para realizar o test de antíxenos, seleccionando día e tramo horario, na Casa do Concello de Xinzo de Limia.
Os cribados tamén se levarán a cabo en Allariz, Bande, Castro Caldelas, Celanova, Coles, Maceda, O Carballiño, Pobra de Trives, Ribadavia e Viana do Bolo. No caso de Allariz, Celanova e O Carballiño tamén se completaron as cotas para varios días antes das tres da tarde deste sábado.