sábado. 23.11.2024

O Concello, a través das concellerías de Urbanismo e Medio Rural, contará co apoio da Deputación de Ourense para mellorar o estado do firme en máis de 30 quilómetros, a través deste convenio establecido entre as xa mencionadas institucións, veránse beneficiados máis de 20 núcleos de Xinzo de Limia.

Un orzamento que supera os 150.000 euros

No convenio de colaboración firmado para esté proxecto estableceuse un orzamento de 152.964 euros.

A administración local deberá aportar os medios necesarios para a execución das obras

A administración local deberá aportar un valor de 87.388 euros en medios necesarios para a materialización do proxecto. Ademáis, teránse que poñer a disposición do organismo provincial os terreos precisos para a execución dos traballos e a tramitación das autorizacións realizadas. 

Máis dunha vintena de núcleos veránse beneficiados

Soutelo de Pena, Pena, Porto Alto, Morgade, Baronzás, Xinzo de Limia, A Moreira, San Vitoiro, Mosteiro de Ribeira, Gudes, Lamas, Fiestras, San Pedro, Pidre, Ganade, Seoane, Moreiras, Faramontaos, Gudín, Paredes e Rebordechá.

A actuación máis extensa comezará en Laroá

Á altura da antiga escola (OU 304), en Laroá, comezará unha actuación onde se renovarán case catro quilómetros de pavimento, ata o cemiterio de Faramontaos (OU 1108). Outra obra destacable será en Parada, que comeza no seu núcleo (OU 1112) e rematará en Damil (OU 304), polo que serán renovados máis de tres quilómetros da vía.

No centro da vila, realizaránse as melloras no tramo que vai dende Os Castros (OU 1101), ata o Gadis (N 525), e nos accesos aos institutos (N525). 

O concelleiro de Urbanismo do Concello de Xinzo, Ramón Gómez, destacou a importancia deste convenio para mellorar o estado dunhas vías que se atopan moi deterioradas:

Non se actuou sobre elas nun largo tempo. No Concello de Xinzo de Limia plan de mellora de viarios decidimos falar coa Deputación, organismo ao que lle estamos moi agradecidos por atender as nosas demandas nun corto período de tempo. Este goberno local non improvisa, todo vai rexido a un meticuloso plan de mellora de vías (Ramón Gómez, concelleiro de Urbanismo do Concello de Xinzo)

A mellora da imaxe das vias da comarca e o tránsito rodado é un tema que xa ven ocupando ao Concello nas últimas semanas xa que levaron a cabo o arranxo da estrada que une un dos accesos ao centro da vila co lugar de Morgade e a que comunica As Lamas e Bruxueira. En total, máis de cinco quilómetros que agora lucen renovados.

Concello e Deputación repararán pistas en máis de 20 aldeas de Xinzo