miércoles. 04.12.2024
Un total de 880.000 euros en axudas para diversos proxectos na provincia

A Deputación aproba 600.000 euros para a Comunidade Xeral de Regantes Nova Limia

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense);  Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense).

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, na súa sesión ordinaria semanal, diversas axudas por un importe total de 884.732,29 euros.

Así, de todas elas destaca a achega concedida á Comunidade Xeral de Regantes Nova Limia para a modernización do instalación do regadío, cun importe total de 600.000 euros. A Xunta de Goberno cumpre así cos acordos plenarios do 24 de novembro de 2023 e do 26 de abril de 2024 onde quedara reflectido dito compromiso que hoxe queda materializado na cantidade acordada naquelas sesións.

Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense);  Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense).
Reunión da Xunta de Goberno da Deputación Ourense. Asisten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Placido Álvarez Dobaño (VicePresidente 3º); Rosendo Fernández; Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); María Teresa Barge Bello (Deputada PPOU); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense); Mónica Legaspi (Interventora Deputación Ourense).

O resto das axudas, cifradas en 284.732,29 euros, están destinadas a diferentes entidades (45.000 euros) e a concellos da provincia (239.732,29). As entidades beneficiarias das achegas aprobadas hoxe son a Asociación Coordinadora Festa da Istoria para gastos de organización da Festa da Istoria; a Asociacion Ruta do Viño do Ribeiro para actividades de promoción e Claqueta Coqueta SL, para o proxecto "Os Centenarios".

No que atinxe aos concellos, destináronse axudas para amortizacións de débeda; para acondicionamento de espazos públicos; para o cofinanciamento de melloras de camiños, de instalacións e servizos, así
como de adecuacións de humanizacións para o fortalecemento da actividade comercial en áreas turísticas; e tamén para melloras na rede viaria.