sábado. 23.11.2024

A Asociación de Diversidade Funcional da Limia, Limisi, recibiu as chaves das piscinas exteriores de Xinzo, unha vez que o Concello lle dera a concesión do servizo nunha aposta pola integración. No acto celebrado esta mañá, a alcaldesa da localidade, Elvira Lama, afirma que "estamos moi agradecidos porque este ano hai un colectivo moi especial para todos os veciños do concello, que son os rapaces de Limisi, e que por primeira vez na historia deste pobo faranse cargo da xestión das piscinas durante a tempada de verán".

A alcadesa de Xinzo, Elvira Lama, entrega as chaves a Limisi A alcadesa de Xinzo, Elvira Lama, entrega as chaves a Limisi.

Este ano as piscinas de Xinzo estrean unha aplicación móbil, tanto para IOS como para Android, para controlar o aforo das piscinas. O concelleiro de Deportes, Rafa Penabad, aclarou que "a normativa polo Covid - 19 non fará necesario acoutar parcelas nas piscinas exteriores este verán, se ben o aforo máximo é de 600 personas, xa que as intalacións contan con 3.200 metros cadrados". 

Esta App tamén facilita a reserva para facer uso doutras instalacións deportivas, como as pistas exteriores de tenis e baloncesto. 

Limisi encargarase das tarefas de mantemento das piscinas exteriores de Xinzo