jueves. 21.11.2024

Hoxe ás 11:00 horas na Casa do Concello de Xinzo de Limia, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, xunto a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, acompañados do tenente coronel da Garda Civil, Indalecio Linares, o presidente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Santiago Leyes, e a xefa da Unidade de Violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, Alida Reyes, presentaron a campaña "Non Camiñas Soa: Camiño de Santiago libre de violencias machistas".

A inicitiva corre baixo o lema "non camiñas soa" e está dirixida a reforzar a protección das mulleres que deciden realizar o camiño de Santiago. Tal como establece a alcaldesa ao inicio da charla "as mulleres que deciden libremente facer o camiño de Santiago en soidade, soas, teñen todo o dereito do mundo de facer ese camiño (...) pero que saiban que as Adminstracións está ahi para axudalas e para apoialas".

Según datos expostos polo subdelegado do Goberno en Ourense, a día de hoxe, máis da metade dos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago son mulleres. É por isto que consideran oportuno desenvolver unha campaña específica que poña a disposición de todas elas os recursos e ferramentas necesarios para a prevención de calquera tipo de violencia.

Dentro do plan, no territorio galego distribuiranse máis de 26.000 tarxetas e carteis onde figurará o contacto da Garda Civil, Policía Nacional, Urxencias, e o número específico de atención a todas de violencia contra as mulleres. Tamén se informará da aplicación móbil AlertCops, a cal permite informar de xeito rápido e inmediado aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, ademais de enviar a ubicación en tempo real.

Na provincia de Ourense repartiranse as tarxetas por 12 albergues, 41 farmacias, nove postos da Garda Civil, e en seis comisarías provinciais- en total serían 69 puntos- .

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo amosa o seu apoio ás peregrinas do Camiño de Santiago