jueves. 21.11.2024

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o Parque Empresarial do Concello de Xinzo de Limia, xunto a alcaldesa, Elvira Lama, o presidente da Asociación de Empresarios, José Manuel Gómez, e demais concelleiros e empresarios do municipio.

O encontro produciuse por motivo do investimento de 36.711,37 euros que realizará a Consellería de Economía, Empresa e Innovación co fin de instalar un sistema de videovixilancia no recinto empresarial de Xinzo. Segundo a alcaldesa, o espazo conta con diversas carencias relativas á seguridade dos bens dos empresarios, pois séguense a producir roubos e desperfectos.

A instalación dotará ao recinto de 12 cámaras de visión nocturna especialmente deseñadas para o recoñecemento de matrículas. Todas elas estarán conectadas a un equipo que permitirá a visión en tempo real, o almacenamento de imaxes, e o envío de alarmas dende calquera ordenador con internet.

O delegado territorial destacou a potencialidade do parque empresarial, facendo incapé na boa localización coa que conta ao estar situado ao lado da autovía. Resaltou a importancia desta medida a prol da seguridade, e o seu obxectivo de seguir atentendo ao resto de necesidades do recinto - moitas das cales coñecería hoxe de primeira man-.

Tamén recorda a xa solicitada ampliación do parque na que se plantexan incluír uns 120.000 metros cadrados novos á superficie total, e que suporá un investimento de 3,6 millóns de euros para a Xunta. Un plan que contribuirá -xunto a futuras obras- a "mellorar as capacidades para facer máis atractivo este parque empresarial e que sigan vindo novas empresas, xenerando emprego e contribuíndo ao desenvolvemento económico tan necesario na provincia de Ourense".

NOTICIAS A LIMIA | O parque empresarial de Xinzo contará cun sistema de videovixilancia...