A Escola Rural de Saúde da Limia ofreceu estos días aos veciños e achegados do Concello de Xinzo un taller informativo sobre o coronavirus. O obradoiro estivo dividido en dúas sesións, a primeira, celebrada o pasado xoves 23 de setembro na Casa da Cultura da vila, e a segunda, impartida no día de hoxe.
Na anterior xornada falarase sobre os tipos de probas para detectar o virus, e as diferencias e procesos de aplicación entre as PCR, as probas de autodiagnóstico e os test de antíxenos. Tamén se incluíra información sobre a obtención dos certificados de vacinación. As charlas foran impartidas pola enfermeira, Elisa Cadaya González e pola farmacéutica, Elena Rodríguez Villarino.
Hoxe volveu a asistir ao obradoiro Elisa Cadaya, aínda que acompañada por outra farmacéutica, Ana Fernández Orcajada. A primeira invitada falou do desenvolvemento da vacina e sobre as dosis necesarias que necesita cada sector da poboación xunto ao protocolo a seguir na súa aplicación. Tratouse o tema da perda da efectividade das inxeccións e a proposta da terceira dose, resaltando o obxectivo principal que se persegue coa súa aplicación "a finalidade é conseguer que os falecidos por Covid sexan similares aos falecidos pola gripe" comenta a enfermeira.
Tamén se comentaron moitos dos efectos secundarios derivados da vacinación, sendo na maior parte de casos a dor de cabeza e febre. Mesmo se resaltou a creación de dúas seccións en planta no CHUO de Ourense, adicadas principalmente a atender aos pacientes con padecementos derivados da vacinación.
Como actividade práctica adicional ensinouse aos asistentes o proceso de descarga e manexo da aplicación do Sergas a través do teléfono móbil, o que lles facilitará un acceso máis directo a futuras consultas e solicitude de citas.
A próxima semana, A Escola Rural de Saúde da Limia volverá a ofrecer no concello máis charlas informativas relacionadas coa temática da medicina e enfermidades -normalmente terán lugar os xoves- .