O Concello de Xinzo de Limia acaba de anunciar os resultados definitivos das entrevistas e os datos provisionais da baremación para os postos de director, administrativo e monitores docentes encadrados dentro do Obradoiro de Emprego Vía da Prata.
Para o posto de dirección houbo unha candidata admitida, xunto a catro persoas que figuran como reservas. Rexistrouse unha soa exclusión por non presentarse á entrevista.
No tocante ao traballador administrativo figura tamén outra persoa admitida, a cal conta cunha soa substitución. Contabilízanse tres renuncias que se deran xa na fase de entrevista.
Pola contra, para os monitores docentes de fábricas de albanelería, non houbo ningún candidato seleccionado. A maior parte non se presentaran, renunciaran, ou non cumprían cos requisitos estipulados. Para a categoría do monitorado docente de instalacións de xardíns e zonas verdes só quedou admitida unha persoa, o resto quedaron excluídos por non estar presentes na entrevista. Aínda así, non se obtiveron os números mínimos de candidados desexados para o posto.
É por isto que se informa no comunidado da petición solicitada á oficina de emprego que se centrará na expedición de novos candidatos para os empregos anteriormente citados relacionados co monitorado docente.