A Agrupación Musical da Limia acaba de sacar á luz un novo cartel de actuacións musicais que levarán a cabo durante o mes de novembro no Concello de Xinzo de Limia. Os concertos realizaranse durante os tres primeiros sábados do mes, e en compañía de diversas bandas e agrupacións invitadas.
O primeiro sábado día 6, ás 16:00 horas da tarde, terá lugar o Festival de Bandas Escola dentro da Igrexa Nova da vila. Un evento, que xa se realizara dende fai varios anos, e que permite a xuntanza de diversas bandas convidadas de diferentes puntos de Galicia. Nesta edición actuarán A Banda Escola Municipal de O Porriño, a Banda do CMUS de Verín, a Banda da Escola de Boborás, e a Banda da Escola de Música da Limia.
Durante o sábado 13 realizarase a primeira edición do Festival de Corais de Xinzo, xuntanza que terá como protagonista ás voces dos músicos e músicas participantes. Dará comezo ás 17.00 horas na Igrexa Vella do concello e terá como invitados ao Orfeón Caldelas, ao Orfeón de Trivés e á Coral Santa Mariña.
O sábado 20 de novembro haberá unha misa en honor a Santa Cecilia, patroa dos músicos. O acto solemne será ás 17:00 horas na Igrexa Nova da vila. No mesmo lugar, sobre as 20:00 horas, comezará o Festival de Bandas de Música, un evento no que se convida a unha banda amiga a actuar xunto á Agrupación Musica da Limia. Este ano contarase cos convidados e convidadas da Banda de Música de Tenorio.
A entrada aos concertos será libre e gratuíta. A programación musical dos mesmos desvelarase nos vindeiros días.