jueves. 21.11.2024

Sobre as 9:15 deste mañá, os servizos de emerxencia informaban dun accidente de tráfico producido na zona de Solveira, no Concello de Xinzo de Limia. Concretamente nun tramo de curvas dirección Sarreaus.

Ao parecer, unha veciña de Lodoselo -Sarreaus- , dirixíase no seu vehículo á vila de Xinzo para traballar cando perdeu o control do mesmo debido ao estado da estrada. O turismo precipitouse contra a gabia retornando á vía principal dun xiro e sufrindo danos materiais moi graves. A muller resultou ferida, polo que tivo que ser trasladada rapidamente por unha ambulancia ao PAC de Ourense.

Estado do vehículo accidentado en Solveira, Xinzo.Estado do vehículo accidentado na estrada de Solveira. | FOTO: Laura Rodríguez.

O suceso produciuse ao esvararen os neumáticos do coche en aceite depositado na pista debido ao paso contínuo de tractores e maquinaria agrícola pola zona. O tramo xa é coñecido pola súa alta concentración de accidentes de tráfico debido ao vertidos oleosos que presenta, fai quince días outro vehículo escorregara pola zona.

Unha hora despois de producirse o incidente, os servizos de emerxencia da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e Protección Civil acudiron ata o lugar dos feitos.

NOTICIAS A LIMIA | Unha veciña de Sarreaus resulta ferida ao perder o control do seu...