jueves. 21.11.2024

A ANPA Rosalía de Castro do Concello de Xinzo de Limia organiza unha proposta familiar para animar aos pais e cativos da vila a participar e a colaborar xuntos en actividades típicas do Samaín. Este ano puxeron en marcha un pequeno concurso de elaboración de alfombras a partir de materais de refugallo típicos do outono.

As creacións serán de temática libre, aínda que dende a asociación amosaron unha serie de fotografías a modo exemplo de traballos que se realizaran outros anos. Neles pódense observar esquemas xeométricos moi coloridos, inspirados en deseños florais e creacións típicas de mandalas.

As alfombras poderanse facer no lugar que se desexe, coma na rúa, nunha praza, no exterior do fogar... Dende a organización recomendan que se realicen durante este vindeiro sábado e domingo, pois axudaría a crear un ambiente típico do Samaín na vila.

O obxectivo é poder fomentar a participación membros da familia para realizar unha actividade en equipo, facendo que os pais e fillos compartan novas experiencias xuntos. O plan sería sinxelo, ir a dar un pequeno paseo polo bosque ou polas aforas da vila e recoller produtos típicos do outono coma sementes, froitos, follas secas... que se usarán posteriormente na creación.

Unha vez rematas as alfombras, teríase que realizar unha fotografía da creación e enviala por teléfono ao número da ANPA, 697 78 19 06. A data límite para presentar os traballos é ata o luns día 1 de novembro. Os gañadores serán anunciados a través das redes sociais da asociación, e acordarase un día para facer a entrega dos premios no CEIP Rosalía de Castro.

NOTICIAS A LIMIA | A ANPA Rosalía de Castro de Xinzo anima ás familias a participar no...