domingo. 24.11.2024

Despois dun ano de pandemia, Blas González, fotógrafo e autor do libro "Cadernos da Limia" (2018) retoma a actualización do mesmo para unha terceira edición na que amosará a realidade limiana a través de retratos.

"Unha cartografía humana que pinta un fresco da sociedade limiá" así é como define Blas a súa obra centrada na riqueza humana e paisaxística dos pobos e municipios da Comarca da Limia.

A idea de crear "Cadernos da Limia" está fortemente vinculado ás raíces do autor. A sua nai nacera en Baronzás, emigrara a Venezuela e voltara a Galicia para asentarse en Vigo. Acostumaba falarlle ao seu fillo da Lagoa da Antela destacando a súa beleza paisaxística e os sentimentos que lle producía. Blas recordaba con agarimo estas conversas e en 2017 comeza a revisar fotos da lagoa en búsqueda da esencia que sua nai tanto descataba. É con isto que decide crear un libro de paisaxes da terra limiá tomando como base para a parte da escritura os textos e apuntamentos que súa nai fora facendo da mesma.

En 2017 publícase "Cadernos da Limia. Apuntes dunha lagoa ausente". A obra consta de cinco capítulos -Memoria, Sentenza, Pastoral, Antioquía e Lamento- con fotografías que dan unha imaxe xeral da Limia como paisaxe seca, triste e asolagada. Memoria trata a creación da Lagoa da Antela e os sentimentos de asombro que sentía á nai do autor ao vela; Sentenza céntrase na desecación da lagoa nos anos 60 e o impacto que lle causara á nai descubrila toda devastada; Pastoral abarca os cambios experimentados na Comarca da Limia co avance do tempo; Antioquía narra a lenda da cidada asolagada da Lagoa, tratándoa de xeito inverso; Lamento contén unha serie de fotografías moito máis abstractas que no resto de capítulos, resaltando o sentimento de pena e de pérdida referente á Lagoa.

No 2018, Blas González comeza a buscar unha imaxe menos asoladora, triste e seca en comparación á obra anterior. Plantea resaltar a beleza a través de retratos de persoas de diferentes idades en diversas paisaxes e lugares da comarca. Amosar os habitantes da Limia e a relación que manteñen co lugar no que habitan. Paisaxe, memoria e identidade cobran un gran protagonismo nesta segunda e terceira tempada que aínda se encontran en progreso de traballo e futura publicación.

Na actualidade "Cadernos da Limia" conta xa con 119 retratos, tendo como obxectivo poder chegar ao 200.

NOTICIAS A LIMIA | "Cadernos da Limia" de Blas González terá unha nova edición