viernes. 22.11.2024

Ramón Gómez, o concelleiro de urbanismo, reuniuse hoxe coa veciñanza da Moreira para anunciar a decisión do Concello de Xinzo de Limia de modificar a dirección do tráfico na rúa do Estadio, principal acceso ao campo de fútbol desde o centro urbano. Ramón Gómez e o oficial á fronte da Policía Local, Antonio Gómez, explicaron que a rúa do Estadio será de dirección única, cara o campo de fútbol, a partir de febreiro, cando rematen as obras de acondicionamento da vía.

"A razón non é outra que mellorar a seguridade peonil no acceso ao campo da Moreira e ao anexo de herba artificial no que adestran as Escolas Deportivas, que son rapaces que van principalmente a pé ou en bicicleta. Esa é a xustificación das obras e as veciñas entendérono perfectamente", explicou esta tarde o concelleiro. As obras estarán rematadas, calcula, en dúas semanas. 

A vía quedará dividida en tres espazos: un para os coches e outros vehículos, duns 3 metros e medio de ancho; un carril bici, e unha beirarrúa na marxe dereita da estrada en dirección ao estadio entre a rúa Setibal e os campos. "Con esa distribución era imposíbel manter o dobre sentido na circulación e nisto eran claros os informes da Policía Local e da dirección de obra", subliña Ramón Gómez.

Deste xeito, a distribución da circulación de saída cargarase sobre a Travesía do Estadio, que manterá o dobre sentido e poderá deitar o tráfico cara o norte (estrada de Celanova) ou cara o sur (o río). Mais, á espera de como funcionen os cambios, esta podería non ser a solución definitiva.

O ano próximo, se a situación financeira o permite, o concelleiro de urbanismo e mobilidade non desbota completar a obra cunha ampliación que devolva o dobre sentido á estrada. 

"Por cuestións orzamentarias, neste 2022 non podemos permitirnos intervir sobre a outra marxe da vía, o que non quere dicir que se teña descartado", confesa Ramón Gómez. O ano próximo, se a situación financeira o permite, o concelleiro de urbanismo e mobilidade non desbota completar a obra cunha ampliación que devolva o dobre sentido á estrada. 

Reunión dos veciños hoxe nos accesos á MoreiraReunión de veciñas e veciños, esta mañá na Moreira.

Mentres, a partir de febreiro, a seguridade dos usuarios máis mozos dos campos de fútbol experimentará unha mellora notábel. As obras incluirán unha reparación do asfalto, hoxe en moi mal estado. 

NOTICIAS A LIMIA | Carril bici e beirarrúa a partir de febreiro no acceso ao Estadio...