jueves. 21.11.2024

“Este coche leva estacionado 13 anos na rúa Ladeira, entre o número 29 e o 35. Os veciños xa denunciamos a situación en moitas ocasións. A resposta do Concello de Xinzo de Limia é que non se pode mover porque o dono está no cárcere e o vehículo está precintado por un xulgado madrileño”, informaron veciños de Xinzo nunha comunicación co Diario do Limia, que puido comprobar este mércores o estado do coche, coas ventás abertas e lixo no interior.


As veciñas advirten ademais que o vehículo está estacionado xunto á beirarrúa nunha ruta escolar (o Colexio Público Rosalía de Castro está a escasos cen metros) e xusto diante dun centro de día e dunha residencia de anciáns, e subliñan “nos veráns hai avespeiros e ás veces ao redor está cheo de vexetación”


Lembran ademais que, con ocasión de obras realizadas na vía, o vehículo si foi retirado do seu emprazamento. Mais a día de hoxe volve estar aparcado xunto a un colector nun tramo da rúa onde non hai edificacións, e enfronte da entrada ao cuartel da Garda Civil en Xinzo. 


En casos de precinto xudicial, é a maiores do informe sobre o vehículo que ten a Dirección General de Tráfico, o xulgado competente debe facilitar información sobre o procedemento a seguir para regularizar a situación do vehículo no Informe de Bens Inmóbeis, unha consulta que pode realizar calquera Administración Pública. 

Vehículo abandonado na rúa Ladeira, en Xinzo, diante do cuartel da Garda Civil (1)
Detalles da situación do vehículo, da marca Opel, abandonado desde o 2009, segundo veciños da rúa Ladeira.
Vehículo abandonado na rúa Ladeira, en Xinzo, diante do cuartel da Garda Civil (2)
Vehículo abandonado na rúa Ladeira, en Xinzo, diante do cuartel da Garda Civil (3)

 

NOTICIAS A LIMIA | Este coche leva 13 anos abandonado diante do cuartel de Xinzo