14 de septiembre de 2021, 14:23
No día de onte, o Antela F.C. daba a benvida ás últimas incorporacións do equipo co primeiro adestramento da tempada. Unha xornada que contou coas medidas anti - covid necesarias, realizando probas PCR a cada un dos xogadores e membros do equipo no momento previo ao entreno. Afortunadamente ningún dos participantes deu positivo.
O equipo conta este ano con 24 xogadores da provincia de Ourense, sendo 18 da comarca da Limia e seis de diversas zonas da terra auriense. Houbo oito novas incorporacións á formación e seis subidas dende a categoría xuvenil. No tocante aos adestradores, o primeiro posto recaeu sobre Xulio Rodríguez, e en segundo lugar, en Moncho Barxe.
Así queda a formación do Antela F.C. nesta tempada:
- Julián
- Javi Pérez -subida do xuvenil-
- Javi
- Pisto -nova fichaxe-
- Xabi -subida do xuvenil-
- Breixo
- Pedro Castro
- Belucho JR -subida do xuvenil-
- Borja -nova fichaxe-
- Carrasco
- Xoan Forri
- Quintairos
- Suso -nova fichaxe-
- Pablo Forri
- Manu Blanco -nova fichaxe-
- Pablo Videsa -subida do xuvenil-
- Borja Tazos -nova fichaxe-
- Joni
- Samuel -nova fichaxe-
- Germain -subida do xuvenil-
- Borja Rubén
- Vilela -nova fichaxe-
- Sergi -nova fichaxe-
- Xurxo -subida do xuvenil-