jueves. 21.11.2024

O pleno da Deputación de Ourense, reunido esta mañá en sesión ordinaria, aprobou a adhesión da Deputación ao programa VioPet para promover a acollida temporal de animais de compañía cuxas propietarias son mulleres vítimas de violencia machista. 

A iniciativa, que partiu dun acordo plenario no Concello de Xinzo, tamén empolica dispoñer dunha reserva de prazas de urxencia na rede provincial de centros de acollida de animais abandonados, ademais de promover entre os concellos a adhesión ao programa e organizar actividades que axuden a visibiliña este proxecto.

Ademais, a Deputación “asume a inclusión nos seus plans formativos de accións de concienciación para o persoal público nos sectores relacionados coa atención a vítimas de violencia de xénero”, así como “o custo da estancia dos animais nos centros de recollida, de urxencias veterinarias e da entrega ou envío da mascota á nova residencia das vítimas, incluso no estranxeiro”, indica o goberno provincial nun comunicado de prensa. 

E engade, procurarase ademais a colaboración das protectoras de animais que cooperan coa rede provincial para buscar casas de acollida temporal.

A proposta foi debatida conxuntamente con outros dous puntos da sesión, tamén relacionados coa recollida de animais abandonados nos centros de Xinzo de Limia, O Carballiño, Muíños e A Rúa

O primeiro deles foi unha modificación da ordenanza fiscal do servizo onde se estableceu unha bonificación do 100 % nas taxas de adopción para as asociacións que colaboran coa Deputación: Agallas, no centro de Xinzo de Limia e Arume no Carballiño. O resto de asociacións que non teñan subscrito o convenio marco coa institución provincial terán unha bonificación do 50 %. 

Estas reducións só se aplicarán cando sexa a propia asociación a que adopte o animal. O segundo dos asuntos relacionados con este servizo refírese a cambios no regulamento para a súa adaptación á linguaxe inclusiva e ás directrices europeas en materia de protección de animais.

Manuel Vilanova de Castro, Fillo adoptivo da provincia

Por outra banda, a corporación, unha vez rematado o expediente de honra,  acordou conceder o título de Fillo Adoptivo da Provincia ao comunicador e directivo de televisión Manuel Vilanova de Castro, como homenaxe e recoñecemento “a unha intensa relación, especialmente afectuosa, que está a ser de gran valor para posicións a Ourense nun nivel de coñecemento imprescindible para o desenvolvemento social e económico desta provincia”.

Tamén se aprobaron por unanimidade a candidatura de Ourense como sede da Axencia Estatal de Supervisión da Intelixencia Artificial, e a tramitación, por vía de urxencia, da resolución do actual contrato para a construción do Centro de Atención a Persoas con Dis capacidade (CAPA) de Ourense, así como a concretar os prazos da nova adxudicación, finalización, apertura e entrada en funcionamento do centro. 
 

NOTICIAS A LIMIA | A Deputación adherirase ao programa VioPet, como reclamou Elvira Lama