martes. 03.12.2024

A alcaldesa do Concello de Xinzo de Limia, Elvira Lama, e o resto de deputados e deputadas provinciais do PSdeG - PSOE chegaron onte á meta da súa peregrinación, Madrid. Así informaban os medios de prensa da entrada á capital española dos políticos sobre as 15:30 horas da xornada do domingo de onte.

Nestos intres, os deputados e deputadas, xa se atopan reunidos nas institucións estatais co obxectivo de pedir apoio ante o goberno de Baltar, presidente da Deputación de Ourense, ao que acusan de realizar un reparto desigual dos fondos públicos. Os camiñantes están divididos en dous grupos por mor do protocolo Covid, un deles atópase en xuntanza coa secretaria xeral de Facenda, e outro co secretario xeral de Política Territorial. Polo momento, os altos cargos políticos da capital amosaron o seu apoio e preocupación ante a petición, tema que xa está sendo procesado e enviado ás correspondentes entidades. En breves informarase de todo o acordado e tratado nas xuntanzas.

Todos os participantes da camiñada chegaron intactos e moi animados a Madrid, sobre todo polos ánimos enviados dende Ourense -tanto dende dentro do partido coma de xente externa- . Soamente destacaron as dúas últimas noites de traxecto, xa foron as máis complicadas debido á presenza de forte néboa e as baixas temperaturas que traía, e o cansazo acumulado nas pernas tras días e días de andaina.

NOTICIAS A LIMIA | Os deputados e deputadas do PSdeG cumpren o seu obxectivo de chegar...