jueves. 21.11.2024

Marcos Nogueiras e Xaira Pena estarán na lista do Bloque ó Parlamento de Galicia. Ana Pontón escolleu a Noa Presas para tentar liderar o cambio en Ourense e esta pensou, tamén na Limia, para facer o seu equipo.

Marcos Nogueiras, actual responsable comarcal do BNG, representa a un sector primario modernizado e con potencial. É enxeñeiro industrial de formación e labrego emprendedor de profesión. Dirixe unha explotación de patacas e cebolas en Vilar de Santos e é vogal no Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia representando á Federación Rural Galega (Fruga).

A mocidade estará representada con Xaira Pena, actual responsable local de Galiza Nova e unha das persoas de confianza do voceiro do BNG en Xinzo, Camilo Vila. Xaira Pena é profesional sanitaria e está ligada tamén ó ramo da moda. A súa enerxía e capacidade ten levado a Galiza Nova ás mellores cotas tanto de participación coma de actividade na Limia en toda a súa historia, fito que non pasa desapercibido pola dirección do Bng. A aposta por Xaira Pena xustifícase máis polo presente ca polo futuro pois tense erixido coma unha das figuras claves do rexurdimento do Bloque na comarca.

Destaca a alta preparación das dúas figuras limiás. Marcos ten estudos de doutoramento e Xaira, ademais ser técnica de laboratorio e enfermeira en prácticas, cursa un mestrado de moda en Madrid.

Sumáronse xa esta mesma semana ó equipo de Ana Pontón no seu percorrido para chegar á presidencia da Xunta.

NOTICIAS A LIMIA | Dous limiáns nas listas do BNG ao Parlamento galego o 18F