Tras ano e medio de peche por mor da situación pandémica do coronavirus, a escola de baile Danzón volta a abrir as súas portas no Concello de Xinzo de Limia. Ao longo da vindeira semana sairán á luz os horarios do novo curso -clasificados según o tipo de actividade e grupo a realizar- .
En anos posteriores, o centro iniciaba neste mes de setembro unha xornada de portas abertas para que toda persoa que estivera interesada acudira e comprobara de primeira man se quería apuntarse á escola. Neste 2021 a situación cambia debido ás normas hixiénicas estipuladas -principalmente por temas de aforo. Os interesados e interesadas deberán chamar directamente ao teléfono da academia -639 83 79 23- e solicitar unha cita previa para poder asistir.
A academia conta con máis de 20 anos de experiencia impartindo clases. Ofrece unha ampla variedade de actividades relacionadas co mundo da danza e do baile, as cales se clasifican por grupos de idade e según o tipo a realizar. O prezo por especialidade é de 15 euros por persoa.
Listaxe de actividades que ofrece:
- Infantís -de 3 a 7 anos- : danza e movemento, pre - ballet, yoga, baile moderno, flamenco e psicomotricidade.
- Junior -de 7 anos a 16- : flamenco, tik tok, zumba, danza teatro, baile moderno, musicalidade e ballet.
- Adultos: baile latino -un dos máis demandados- , yoga con hipopresivos, bailoterapia, pilates, coreo fit e individual de estilo.
En caso de inscribirse ás clases, o alumno deberá estar suxeito ás normas anti - covid estipuladas. Será sempre obrigatorio o uso de mascarilla nas aulas e nunca se superará o aforo permitido -o da escola segue a ser moito menor ao mínimo aplicado- . O curso comezará en outubro e finalizará sobre o mes de xuño.