Un home perdeu onte pola noite a vida vítima dun atropelo que tivo lugar no punto kilométrico 198 da Nacional - 525, ao seu paso pola localidade de Xinzo.
Os feitos ocorreron no punto quilométrico 198 da estrada N - 525 e foi pasadas as 22:30 horas cando unha testemuña contactou co 112 Galicia para notificar o sinistro, a escasos metros da estación de servizo "Os Pepes". Así mesmo, a persoa indicaba que o vehículo implicado continuara a marcha. O causante do atropelo é un limián de mediana idade, moi coñecido en Xinzo e que no momento do accidente presentaba altos índices de alcol en sangue, seis veces a taxa máxima permitida.
Ata alí se desprazaron efectivos sanitarios do centro de saúde de Xinzo de Limia e axentes de Tráfico da Garda Civil, que non puderon facer nada por salvarlle a vida ao finado. A vítima é un lucense de 46 anos, camionero de profesión.