O programa completo das Festas de Santa Mariña foi presentado onte no Concello de Xinzo polo concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, e pola alcaldesa, Elvira Lama. Rodríguez desvelou os escenarios da Festa, catro: a Praza Maior, a Praza de Juan XXIII, a Praza Carlos Casares e a media lúa do Toural na rúa Alexandre Bóveda. “A intención é levar as festas a xente, por iso a variedade de emprazamentos no centro, empezando pola proxección do documental ‘O Gran Camiño’ de Alba Prol e Raúl García, que será na Praza de Oriente, o primeiro acto do programa”, explicou o responsábel de Cultura.
As Festas de Santa Mariña inclúen o Festival Limia Sonora (sábado, 16 e domingo, 17) que reunirá á Banda da Loba, La Quinkillada, Lethx Sound, Kid Mount e Ortiga na Carlos Casares. Tamén, un concerto da Agrupación Musical da Limia (o luns 18, ás 19:30 horas na Praza Maior). Así como unha Batalla Dance, a tarde do sábado na Praza Maior. Haberá actividades para nenos o sábado e o luns na Praza de Juan XXIII, sesións vermú na Praza Maior o sábado, o domingo e o luns; e as orquestras actuarán na media lúa do Toural o domingo e o luns.
Ramiro Rodríguez explicou o papel da Comisión do Entroido na organización. Dixo que se encargou do “deseño da programación”. E tamén deu conta do custe dos festexos: 50.000 euros. O goberno local tivo que levar a pleno un modificativo de crédito para poder facer fronte a este e outros gastos festivos. O concelleiro avanzou ademais que se lles fará chegar o programa aos veciños e veciños acompañado dunha carta solicitando a súa colaboración para “axudar co gasto”.
PROGRAMA
Venres, 15 de xullo.
21:30 horas. Proxectarase o documental “O Gran Camiño”. Praza de Oriente.
00:00 h. Actuación de Gin Toni´s na Praza Maior.
Sábado, 16 de xullo.
13:30. En Mala Hora. Praza Maior.
17:30: Batalla de baile. Praza Maior.
20:00. Patty Diphusa. Praza Xoan XXIII.
22:30. LIMIA SONORA. Praza Carlos Casares.
Domingo, 17 de xullo.
13:30. Sr Jingles. Praza Maior.
21:30, e 01:00. Orquestra New York. Rúa Alexandre Bóveda.
23:00. LIMIA SONORA. Praza Carlos Casares.
Luns, 18 de xullo.
13:30. Los Jinetes del Trópico. Praza Maior.
18:30. Cé Orquestra Pantasma. Praza de Xoan XXIII.
19:30. Agrupación Musical da Limia. Praza Maior.
21.00 e 23:00. Grupo Assia. Rúa Alexandre Bóveda.