sábado. 23.11.2024

Xa a primeira hora da mañá moitos dos comerciantes e entidades participantes da Feira do Agro Alimagro comezaban a recoller a mercancía dos seus postos de promoción, moitos deles cun bo sabor de boca tras tres días de traballo.

A II edición da feira resoltou ser todo un éxito no tocante ao número de asistentes, as cifras superaron as expectativas da maioría dos promotores do mundo da pataca e maquinaria agrícola. Moitos dos empresarios temían un número moi baixo de visitantes por mor da crise pandémica, pero os resultados soprenderon para ben deixando un total de máis de 5000 persoas asistentes.

Dentro do recinto do Pavillón de Deportes a promoción estaba principalmente centrada no modo de consumo da pataca e no seu cultivo. Do mesmo xeito ocorreu na sección de exhibición da maquinaria agrícola na que a maior parte de produtos demandados eran os especializados concretamente na labranza deste tubérculo, deixando en segundo plano ao equipamento para o cultivo doutros alimentos.

Na empresa Patatas Fritas Guays a promoción foi todo un éxito. Adrián Sotelo- responsable comercial da entidade- resalta como entregaron máis de 1600 bolsas de patacas aos asistentes, sobre todo entre o sábado e domingo debido á gran afluencia de curiosos.

Patatas Carlos Casas tamén foi un dos participantes que consegueu distribuír unha cantidade importante de bolsas de patacas. A empresa recalca no positivo que é participar nos eventos que apoian ao produto do comarca e chama ao resto de comerciantes e entidades do sector a manter unha actitude máis proactiva á hora de participar nestos actos. 

Manuel Suárez -de Agrícola Suárez- destaca o papel influínte da feira no relativo ao impulso de ventas dentro da súa empresa de maquinaria agraria. O evento consegueu dar coñecer parte do seu stock, principalmente aqueles productos centrados no cultivo da pataca, e mesmo realizou acordos para futuras vendas.

NOTICIAS A LIMIA | A Feira Alimagro consegue unha excelente promoción dos productos e...