15 de septiembre de 2021, 20:19
Este sábado día 18 celebrarase no complexo deportivo a Moreira do Concello de Xinzo o II Memorial Eloy Conde, un acto conmemorativo que pretende ser referente anual para as pretempadas do fútbol infantil.
O acto rendriá homenaxe ao xa falecido ex - futbolista e ex - adestrador das categorías inferiores do Antela F.C. , Eloy Conde. Destacado tamén por ser unha figura pioneira do fútbol na comarca da Limia.
O encontro constará de diversos partidos amistosos, a modo de torneo triangular, nos cales xogarán tres equipos da rama infantil -o E.D.C. Xinzo, o R.C. Celta e o Ourense C.F- . O acto memorial terá lugar xusto no intermedio do programa.
O horario programado é o seguinte:
- 10:00: Enfrontamento do Ourense C.F. e o E.D.C. Xinzo
- 11:00: Partido do R.C. Celta e o Ourense C.F.
- 11:50: Acto memorial
- 12:00: Encontro do E.D.C. Xinzo e o R.C. Celta
- 13:00: Ceremonia final e entrega de premios