Este sábado presentábase en Xinzo de Limia a candidatura do Partido Popular ao Concello, liderada por Antonio Fernández Veiga. Ao acto de presentación acudiu o presidente provincial, Manuel Baltar, quen louvou a potencialidade da lista elaborada polo seu líder, de quen dixo "é unha persoa comprometida co PPdeOU e con Xinzo de Limia. Coñece perfectamente o territorio e é unha persoa traballadora, con bo talante e cunha sobresaínte capacidade para traballar en equipo, como demostra o nivel desta candidatura", apuntou Baltar.
Na lista confeccionada por Antonio Fernández a media de idade é de 48 anos e, por primeira vez na historia do municipio e da representación popular, son maioría as mulleres fronte os homes (13, elas).
Tanto Fernández Veiga como Manuel Baltar amosáronse confiados en que alcanzarán a maioría absoluta que volverá a permitir un Goberno en solitario: "Convocatoria tras convocatoria, os veciños apostan polo Partido Popular. Este é o Partido de Ourense, un fito que se consegue polo traballo diario, non en quince días de campaña. Este é o segredo, e este é o camiño polo que recuperaremos a maioría absoluta en Xinzo de Limia", asegurou o presidente provincial e do Partido Popular de Ourense.
CANDIDATURA DO PP DE XINZO
1.- Antonio Fernández Veiga
Portugalete (Bilbao), 1970
Técnico en explotacións agropecuarias. Capataz agrícola.
2.- Carlos Gómez Salgado
Xinzo de Limia, 1960
Técnico superior en prótese dental.
Deputado do Parlamento de Galicia.
3.- Cristina Campero Dorado
Rairiz de Veiga, 1992
Axente Forestal e Medioambiental da Xunta de Galicia.
4.- Ricardo Sieiro Opazo
Xinzo de Limia, 1968
Licenciado en filoloxía inglesa.
Profesor de idiomas.
5.- Otilia Conde García
Xinzo de Limia, 1979
Traballadora en establecemento de hostalería.
6.- Iván Cabrera Trigo
Xinzo de Limia, 1984
Diplomado en Enfermería.
Bombeiro do Servicio de extinción de incendios e salvamento.
7.- María José Cuquejo Márquez
Xinzo de Limia, 1973
Xerocultora.
Traballadora sociosanitaria.
8.- Rosa González Díaz
Xinzo de Limia, 1960
Autónoma.
Artesanía de Galicia.
9.- Alicia Feijóo Dacal
Xinzo de Limia, 1997
Estudos de Educación Infantil.
Traballadora por conta allea.
10.- Antonio Rodríguez Rodríguez
Licenciado en Económicas e Técnico en Xestión Administrativa.
Administrativo.
11.- Sabina Árias Corbillon
Xinzo de Limia, 1970
Ama de casa.
12.- Beatriz Diz Nóvoa
Xinzo de Limia, 1992.
Agricultora.
13.- Jose Antonio Valbuena Iglesias
Ourense, 1960
Funcionario.
SUPLENTES
1.- Alida Santana González
Xinzo de Limia, 1981
Técnica en Perruquería e estética.
2.- Josefa Donaire Parada
Xinzo de Limia, 1973
Licenciada en filoloxía inglesa e
Diplomada en Maxisterio.
3.- María Isabel Colmenero Campos
Traballadora por conta allea.
4.- Alejo Marra Parejas
Xinzo de Limia, 1984
Técnico en ebanistería artística. Construtor de instrumentos musicais.
5.- Antonio García Bolaño
Xinzo de Limia, 1965
Operario de servizos varios.
6.- Flores Rodríguez Rodríguez
Xinzo de Limia, 1960
Xubilada.
7.- Tania Salinas López
Xinzo de Limia, 1987
Traballadora en establecemento de hostalería.
8.- María de los Ángeles López Iglesias
Pensionista.
9- José Ángel Vidal Blanco
Xinzo de Limia, 1987
Soldador Mecánico.
10.- Francisco Díaz Blanco
Xinzo de Limia, 1953
Xubilado.