viernes. 22.11.2024

Os accesos ao Concello de Xinzo de Limia, concretamente na avenida de Ourense e na avenida de Madrid, atópanse nun estado bastante deteriorado, cun pavimento cheo de fochancas, problemas nas redes de saneamento e abastecemento, tramos sen beirrarúas, iluminación insuficiente, pasos de peóns inexistentes... É por iso que o executivo local viu a necesidade de levar a cabo un plan para a mellora das entradas e saídas pola N - 525.

O proxecto xa conta cunha memoria para a actuación que supera os 2,3 millóns de euros, obras que o Goberno Central se comprometeu a financiar na súa totalidade, ademáis de dotalalas de prioridade con respecto a outras que existen en Galicia.

Polo xeral, as obras abarcarán a incorporación de novas glorietas, carrís bici, pasos de peóns, beirarrúas e diversos viais de servizo ao longo de ámbalas dúas avenidas -a de Ourense supón unha lonxitude de 1.600 metros, e a de Madrid, uns 350- .

Dentro do marco do proxecto, na avenida de Ourense procederase á creación de dúas glorietas -co súa correspondente iluminación- , concretamente na entrada á zona urbana e no entronque da N - 525 coa pista dos Castros e a pista do Zepetal. Tamén se construirá un carril bici que discorrerá pola avenida Celanova ata os institutos.

Na mesma zona executarase unha vía de servizo en cada unha das marxes e pintaranse novos pasos de peóns para permitir o paso entre as divisións da vía, os cales incluirán unha nova sinalización luminosa para incrementar a seguridade dos viandantes.

No tocante á avenida de Madrid, construiranse diversas beirrarúas á marxe esquerda da mesma, dende o comezo da recta ata a gasolineira.

Na primeira fase da actuación, procederase á demolición das aceiras e dos bordes existentes, xunto ao pavimento afectado polas obras. Con isto, poderase dar pé á subtitución das redes de abastecemento e á renovación do saneamento e pluviais. Tamén está previsto o soterramento da liña de alumeado, e a correcta adaptación das luminarias e semáforos á liña das beirarrúas.

NOTICIAS A LIMIA | Novas glorietas, carrís bici, aceiras, pasos de peóns e luminarias...