martes. 03.12.2024

O Concello de Xinzo de Limia acaba de informar dunha serie de novas medidas centradas na posta en valor e na mellora das infraestruturas do parque empresarial.

Está previsto que a próxima semana xa se inicien unha serie de obras para arranxar a antiga gabia de distribución do gas, a cal se atopa afundida da Fase 3 e podería supoñer un grave risco para a circulación. Máis en concreto, os traballos centraranse en aplicar firme asfáltico para deixar o chan ao mesmo nivel e adaptaranse as tapas de rexistro da nova rasante.

A actuación terá un prazo de execución límite dun mes e un orzamento duns 13.205 euros. O plan adxudicouse á entidade de Explotacións Medioambientais.

Tamén se cumprirá a xa nomeada demanda dos empresariaos do polígono na que se instalarán 12 cámaras de vixilancia con visión nocturna ao longo do recinto. Aparellos especialmente deseñados para o recoñecemento de amtrículas e xestionados por un servidor que posibilitará a visión en tempo real dende calquera ordenador, así coma o almacenamento das imaxes e o envío de alarmas.

A actuación acaba de adxudicarse e será cofinanciada polo Concello de Xinzo e a Xunta de Galicia, na que ésta aportará 36.700 euros, e a administración local uns 9.170.

Cabe recordar que xa fai varias semanas que se levara a cabo a colocación do novo panel informativo na entrada ás instalacións. O cartel proporciona datos sobre as empresas de todo o parque.

NOTICIAS A LIMIA | Aplicaranse novas medidas a prol da mellora do parque empresarial de...