O Entroido, pleno, na rúa, está de volta. Dous anos despois Xinzo volve gozar da súa festa maior. O Petardazo inaugurou onte na praza Carlos Casares, cunha gran pantalla LED na fachada da Casa da Cultura, o ciclo deste ano. É un Entroido-en-covid, menos populoso, máis contido, pero igual de sentido. O Entroido adáptase as circunstancias, mais non cala nin deixa de bailar e brincar.
A temperatura da noite axudou. O civisimo da mocidade quedou patente. Malia que as medidas de restrición se relaxaron moito nas últimas datas, a xente cumpriu. As máscaras levaban máscara, mozas e mozos compartiron grupos pequenos, a ameaza, quéirase ou non, está na cabeza de todas e todos. Mais o Entroido tamén está nos corazóns.
O Entroido adáptase (sempre) as circunstancias, e moitas veces está por riba delas.
E o Entroido é unha festa promiscua, falangueira e sen hora. Despegou o Petardazo sen chupinazo e soou Terra, ese berro das Tanxugueiras que se está a converter nun berro do noso, orgullo ferido. O Entroido adáptase (sempre) as circunstancias, e moitas veces está por riba delas.
A praza Carlos Casares non se encheu, a praza Maior tampouco, no casco vello había sitio dabondo para o paseo, mirar e ser visto e brincar, nos locais de hostalaría a xente entraba, pedía e, normalmente, saía. Iso aconteceu antes e despois do Petardazo, nesas primeiras horas claves para coñecer como vén este ano o Entroido.
E vén, parece, responsábel, cargado de respecto e sentimento, como di o slogan dos entroideiros de hoxe. A chamada á responsabilidade, parece, prendeu. O Entroido é unha festa tan pegada á xente, esa Terra do berro, que aos limiaos non lle sorprende esa adaptabilidade ás circunstancias. O Entroido sabe poñerse serio cando e preciso sen perder o sorriso.
🔴𝑹𝑬𝑪 | 𝐎 𝐏𝐞𝐭𝐚𝐫𝐝𝐚𝐳𝐨 𝐯𝐨𝐥𝐯𝐞 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐩𝐨𝐢𝐬 𝐞 𝐢𝐧𝐚𝐮𝐠𝐮𝐫𝐚 𝐨 𝐄𝐧𝐭𝐫𝐨𝐢𝐝𝐨 𝟐𝟎𝟐𝟐.
— Diario do Limia (@diariodolimia) February 6, 2022
𝐶𝑜𝑚𝑒𝑧𝑎 𝑎 𝑓𝑒𝑠𝑡𝑎 𝑚𝑎́𝑖𝑠 𝑙𝑜𝑛𝑔𝑎 𝑒 𝑖𝑟𝑟𝑒𝑣𝑒𝑟𝑒𝑛𝑡𝑒 𝑑𝑜 𝑝𝑎𝑖́𝑠.
𝐵𝑜𝑎 𝑓𝑒𝑠𝑡𝑎 𝑒𝑛𝑡𝑟𝑜𝑖𝑑𝑒𝑖𝑟𝑜𝑠! 🎩 👻 👺 🤡 pic.twitter.com/DCEyAo20vo
Está de volta. Moderado, pero sen medo. Un exemplo de civismo e mostra que a mocidade (e os non tan mozos) pode facer a festa, manter as tradicións e entender o que pasa hoxe igual que hai corenta anos, ou oitenta anos. Haberá repute de contaxios? Probabelmente, porque a interrelación social disparouse e o virus aínda non se atallou. Mais a primeira fin de semana do Entroido-en-covid comezou da mellor maneira posíbel en covid.
Un pouco ao gusto de todas: autoridades civís e sanitarias, mozas e mozos, entroiderios, hostaleiros, veciñas e veciños. Un pouco como querían todas, pero non todo. E non é pouco.