jueves. 21.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia poderá desfrutar dun maior número de prazas para o estacionamento de vehículos grazas á construcción dun novo aparcadoiro na avenida de Celanova.

As obras teñen previsto rematar nas vindeiras semanas e abarcarán uns 1.025 metros cadrados nos que se incluirá iluminación LED.

O espazo será un aparcadoiro público e gratuito ao aire libre, do mesmo xeito que se fixera co xa operativo parking da rúa Curros Enríquez -nas cercanías da Casa do Concello- . Quedarían así duas zonas situadas no centro da vila que poderían axudar a favorecer aos comerciantes da zona.

En total, o Concello de Xinzo contará aproximadamente cunhas 400 prazas gratuitas nas que se incluirían as 250 da renovada rúa Sitibal e a Cepetal, as 100 da Curros Enríquez e as 25 da avenida de Celanova.

A creación destos aparcadoiros dentro do municipio enmárcase dentro do Plan de Movilidade e Accesibilidade do concello, o cal ten como obxectivo facer de Xinzo un lugar máis atractivo, cómodo e accesible para os veciños e visitantes ademais de mellorar a situación do comercio local.

NOTICIAS A LIMIA | A avenida de Celanova de Xinzo contará con 25 prazas de...