viernes. 22.11.2024

A Asociación de veciños San Xoán, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, a Asociación Cultural O Bión e a Xunta de Galicia, organizará os próximos 23 e 24 de xuño, o xoves e venres da vindeira semana, a festa do San Xoán, recuperando unha celebración popular no barrio do Polígono que como tantas se viu interrompida pola pandemia.

Os festexos comezarán o día 23 cunha cea popular a partir das 20:30 horas. A cea custa 12 euros. Venderanse os tickets na propia festa desde as oito da tarde. O aforo estará limitado a 300 persoas. O menú: empanada, sardiñas, porco ó espeto, patacas fritas, bica e bebida.

Despois haberá foliada coas Xeitosiñas de Baltar e os gaiteiros do grupo Cidade de Antioquía. Prenderase a fogata e elaborarase unha queimada. A noite de San Xoán continuará con actuacións de rapeiros locais e da Disco Móbil Ricky.

A cea custa 12 euros. O aforo estará limitado a 300 persoas. O menú: empanada, sardiñas, porco ó espeto, patacas fritas, bica e bebida.

O día de San Xoán, o venres 24, despois da misa (contra as 12 do mediodía) haberá concerto a cargo da Escola de Música da Agrupación Musical da Limia. O resto de actividades concentraranse xa pola tarde. Haberá campionatos de tute e de futbolín, e xogos populares no Toural. O rap continuará na xornada do venres, cunha batalla de galos, organizada por artistas da Limia.

Para o torneo de tute (con inicio ás 16:00 horas) a inscrición pode realizarse chamando ao 627781822. O teléfono para se anotar no de futbolín, que comeza unha hora máis tarde, é o 634857339. Ás cinco da tarde abriranse os hinchables para nenas e nenos.

As Xeitosiñas de Baltar, un dos grupos que animarán o San Xoán do Polígono
As Xeitosiñas de Baltar, un dos grupos que animarán o San Xoán do Polígono.

A Asociación O Bión organiza os xogos populares a partir das seis. Inclúen os xogos dos vintos e da chave. Para se inscribir é preciso mandar un correo ao enderezo [email protected]. O grupo Superestar pechará a festa cunha actuación a partir das oito da tarde.

cartel do san xoán do Polígono. En Xinzo o 23 e o 24 de xuño
Cartel da festa en Xinzo o 23 e o 24 de xuño.

NOTICIAS A LIMIA | Volve o San Xoán ao barrio do Polígono en Xinzo