Tras ser cancelada a anterior presentación do libro "O Entroido de Xinzo de Limia" o pasado venres 17 de setembro por motivos persoais do autor, a data retómase de novo para este vindeiro venres día 19. O evento terá lugar ás 20:00 horas da noite na Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia.
O escritor da obra, Edelmiro Martínez Cerredelo, amosa a evolución histórica do Entroido de Xinzo comparando o xeito de celebrarlo anos atrás -e de xeito máis tradicional- coas novas costumes da actualidade. Tamén resalta a importancia de investigar nas raíces e a reivindicación do Entroido do pasado.
O libro consta dunha parte literaria na que se narra todo o percorrido evolutivo da celebración, e dunha parte máis visual na que o autor incluíu unhas 350 fotografías de diversas xeracións -é por iso que haberá fotos a cor ou a branco e negro-.
A presentación do venres está organizada polo Concello de Xinzo de Limia e a Asociación A Pantalla, a cal porá a disposición do público asistente a posibilidade de mercar exemplares do libro durante o evento.
Ademais do propio autor, a alcaldesa e o concelleiro de Cultura, á sesión están convidados os escritores limiáns, Federico Cocho e Antón Riveiro Coello, os cales realizarán unha breve intervención. Tamén haberá unha serie de sorpresas con actuacións musicais.