sábado. 23.11.2024

As baixas temperaturas seguen a ser a tónica este venres en toda a comarca á espera de que o frío se modere cara a fin de semana. De madrugada, a estación da AEMET (Agencia Estatal de Metereología) en Xinzo de Limia rexistrou a temperatura mínima en Galicia: -5,1ºC, valor extremo máis alto que o de onte, xoves, cando ás nove da mañá o termómetro marcou -7,2.

Os rexistros de MeteoGalicia ofrecen valores menos extremos. O observatorio galego informou de que Xinzo alcanzou onte os -5,7ºC. E este venres, as medicións indicaban -4,3 ás tres da mañá. O rexistro anotado en Calvos de Randín unha hora antes foi de -4,4. Esas foron as mínimas detectadas por MeteoGalicia na comarca da Limia antes das 06:00 horas, nunha noite de alerta por baixas temperaturas en todo o sur da provincia.

Gráfica da AEMT ás 7 da mañá deste venres coas temperaturas das últimas 24 horas en XinzoGráfica da AEMET das seis da mañá de hoxe coas temperaturas das últimas 24 horas. | AEMET

A medida que foi entrando o día, as temperaturas moderáronse. MeteoGalicia informou ás 7 horas dun rexistro de -1,1 graos en Calvos de Randín, mentres que as estacións de Xinzo e Baltar ofrecían temperaturas lixeiramente por riba dos cero graos.

De cara a fin de semana, os servizos de predición galego e estatal anuncian temperaturas mínimas en valores similares aos de toda a semana, e aínda que o nivel de alerta amarela manterase no oriente ourensán, desaparece das comarcas occidentais. 

Temperaturas mínimas até as 6 da mañáMapa de MeteoGalicia coas mínimas rexistradas durante a madrugada. | MeteoGalicia

Tanto MeteoGalicia como a AEMET prevén madrugadas con mínimas arredor dos -4º na maioría dos concellos da Limia, con valores algo máis altos (-2º) en Porqueira e Rairiz. A mellora das temperaturas chegaría a partir do luns.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo de Limia rexistrou esta noite unha mínima de -5,1ºC segundo a...