O Concello de Xinzo de Limia, xunto a Cabreiroá e o Proxecto LIBERA -do que forman parte SEO Birdlife e ECOEMBES- ofrecen, para o vindeiro sábado 27 deste mes, unha actividade de sensibilización ambiental ás beiras do río Limia.
A iniciativa consistirá nun itinerario guiado no que se informará aos asistentes sobre os recursos naturais observados ao longo do percorrido. Durante o traxecto tamén se concienciará sobre a importancia de coidar o entorno natural do río, manténdoo libre de lixo e de vertidos contaminantes. Realizarase unha caracterización dun concepto destacado polo proxecto, a "basuraleza", que fai referencia aos residuos que se tiran e deixan na naturaleza.
Dentro de LIBERA enmárcase o "Proxecto ORIXE, Facemos Camiño", unha iniciativa da que tamén forma parte esta actividade e que se centra en realizar traballos de sensibilización ambiental e voluntariado en diversos puntos do Camiño de Santiago.
A andaina iniciarase ás 10:00 horas da mañá -dende o parque do Toural- e rematará sobre a 13:00 do mediodía. Os interesados e interesadas deberanse inscribir no Pabellón de Deportes do Concello, na piscina climatizada, ou ben a través do código QR do cartel da actividade ou da ligazón correspondente na conta oficial de Facebook da Concellería de Deportes de Xinzo.