sábado. 23.11.2024

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, e o concelleiro de Medio Ambiente, Amador Díaz presentaron este sábado o plan de rehabilitación de todos os fornos comunitarios do termo municipal. Fixérono en Faramontaos, onde o forno presentaba un estado case de ruína, e xa se consolidou a estrutura e nas próximas semanas procederase a acondicionar o interior.

Antes de comezar as obras realizouse a inspección destes elementos patrimoniais e detectouse que moitos presentaban humidades de cuberta e incluso pequenos afundimentos. A pretensión do goberno de Xinzo é que os fornos volvan a se converter en espazos de encontro, como sucedía hai décadas cando as veciñas, por quendas, cocían durante a fin de semana o pan para toda a semana.

Ademais de Faramontaos e Guntimil, o Concello tamén intervirá en Pidre, Piñeira Seca e Fiestras, da parroquia de Laroá. Trátase dun plan de recuperación da arquitectura tradicional que pretende recuperar os valores etnográficos destes elementos comunitarios.

forno Guntimil (1)Lama e Díaz tamén visitaron o forno de Guntimil. | FOTO: Concello de Xinzo

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo restaura cinco fornos comunitarios en Pidre, Piñeira Seca,...