sábado. 23.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia acolleu hoxe unha sesión formativa sobre violencia de xénero, enfocada dende o ámbito da intervención e actuación policial. A xornada organizouse grazas ao apoio da Unidade de Violencia de Xénero da Subedelegación do Goberno e contou coas intervencións de membros do EMUME da Garda Civil. Aproximadamente, unhas 35 persoas de diversos puntos da Limia acudiron ao evento.

A primeira das charlas deu comezo ás 10:00 horas da mañá coa participación de María Alida Iglesias Gil, xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno de Ourense. No seu discurso tratouse a Lei Orgánica de Protección contra a Violencia de Xénero, especificando as súas áreas de actuación -servizos policiais, xudiciais, sanitarios, sociais...- .

Na segunda intervención contouse coa presenza de Aser Moreiro, membro da Garda Civil Policial e Xudicial do EMUME, o cal resaltou o principal obxectivo da entidade: a actuación policial no tocante á violencia de xénero. A súa labor é protexer ás vítimas que se ven envoltas nesa situación -existan ou non delitos- . A organización tamén traballa noutras áreas, coma a persecución de delitos cometidos dentro do ámbito familiar, os delitos contra menores, a pornografía infantil e a trata de humanos; ademais de realizar un arduo traballo de investigación coma paisanos para o esclarecemento dos casos.

Moreiro resaltou as estadísticas recollidas a nivel nacional nas que se contabilizan xa 36 mulleres asasinadas por mor da violencia de xénero no que vai de ano. Desta porcentaxe, só cinco presentaron denuncia ante tal situación. Unha cifra á que se contrapón un estudo realizado a homes menores entre 14 e 18 anos en España, no que un de cada cinco considera que a violencia de xénero é un invento da sociedade.

En caso de sufrir violencia de xénero e denunciar, a vítima terá sempre dereiro a un abogado e a un intérprete. A maiores, dentro do territorio galego, ofrécese o servicio dun psicólogo e dun traballador social. A afectada poderá elexir entre trasladarse a unha vivenda alternativa con algún familiar ou amigo, ir a unha casa de acollida, ou mesmo ir temporalmente a un hotel -opción que existe na provincia de Ourense- designado especificamente para axudar nas situacións de violencia de xénero, e ao que poderían ir outros acompañantes coma os fillos. Se o desexa, a vítima terá tamén acceso a un recoñecemento médico e, en caso de mulleres extranxeiras en situacións irregulares, serán informadas sobre o dereito de legalizar o seu estado por razóns humanitarias.

Finalmente, a charla rematou coa intervención de Laura Cruz, tamén membro do EMUME. A invitada resaltou os diferentes niveis de risco no que poden atoparse as vítimas, os cales permiten establecer e procionarlle á afectada unha protección policial específica e adaptada según a súa situación. Estos niveis poden clasificarse en: non apreciados, baixos, medios, altos e extremos, e actuarase segundo requiran, pois cada un ten unhas medidas de protección oficial específicas.

Tamén se trataron as ordes de afastamento que emite a autoridade xudicial, resaltando o dispositivo cometa -pulseira que leva o autor do delito e que informa da súa posición para ver se cumpre a orde estipulada-, e os teléfonos e antenas para detectar a distancia entre o atacante e a vítima.

NOTICIAS A LIMIA | Xornada formativa sobre a violencia de xénero en Xinzo